Estás en:Patrimonio Dolmen de Axeitos Megalitismo Castelán

Megalitismo Castelán

MEGALITISMO EN GALICIA

No longo período de tempo comprendido entre o V/V e o II/II milenio a. C. as comunidades humanas que habitaron a nosa área xeográfica foron levantando toda unha variada tipoloxía de túmulos funerarios que cubriron aos poucos a maior parte do territorio.

Estas construcións prehistóricas, que neste período cronolóxico vincúlannos culturalmente co resto da península, así como coa maior parte da Europa atlántica, teñen en Galicia a súa representación máis monumental nas antas de cámara poligonal e corredor, como é o caso da aquí presente, tamén coñecida como Pedra do Mouro.

Estes monumentos, erguidos polas primeiras sociedades produtoras de alimentos, son construídos coa finalidade de servir de lugares de enterramento, ben fosen de uso individual ou colectivo. Ao mesmo tempo, debido ao seu carácter de elementos amplamente visibles no espazo e á monumentalidade que alcanzan algunhas destas construcións, simbolizan a vinculación entre as comunidades que as posúen e utilízanas e aquel territorio que habitan e sobre o que exercen o seu dominio.

Audio -Megalitismo en Galicia

  1. Distribución dos monumentos megalíticos da Coruña catalogados na actualidade (Xunta de Galicia, 2023).
  2. Primeira fotografía conservada do dolmen de Axeitos. Ano 1927. (Fondo: Ramón Sobrino Buhígas. Arquivo: Núñez Sobrino. Fototeca: Colectivo A Rula).