Grao profesional

PROBA DE ACCESO A 1º GRAO PROFESIONAL

Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento os ensinos profesionais de danza. Esta proba consistirá en:

a)Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.
b)Unha  danza galega ou de carácter, libremente elixida polo/a aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.
c)Un exercicio para valorar as aptitudes musicais dos aspirantes, en relación á capacidade rítmica e auditiva. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

Unha vez superados os tres apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

          * Danza Clásica 70%

          * Danza Galega 15%

          * Música 15%

     
DANZA CLÁSICA

BARRA:
Plies: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés
Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinados con brazos
Battement jetté: en 5ª posición en cruz
Rond de jambe: a terra e portei
Battement fondu: en relevei e con port de bras
Frappé: a terra, ao aire e en relevei
Adagio: developpés en todas as posicións
Grand battement

CENTRO:
Battement tandu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé
Adagio: developpés, promenades e arabesques
Valse con pirueta en-dehors e en-dedans
Saltos: en 1ª, 2ª e 5ª
Allegro: glissade, assemblé, sissone
Batería: echappé batido, entrechat quatre e royal

PUNTAS:
Quecemento na barra: relevés, echappés, ballonés, retirés
No centro combinación de pasos sinxelos.

DANZA GALEGA Ou DE CARÁCTER
Execución dunha danza galega, que conteña polo menos catro puntos ou unha danza de carácter a elixir polo/a aspirante.

MÚSICA
1.Cadea rítmica.
En compás binario (dous compases dun 2/4).
En compás ternario (catro compases dun 3/4).

2.Análise dun fragmento musical: forma, compás, tempo, carácter e instrumentación.
Escribir un ostinato rítmico para acompañar ao fragmento escoitado


PROBA DE ACCESO A 2º GRAO PROFESIONAL

Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento os ensinos profesionais de danza. Esta proba consistirá en:

a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

b) Unha danza galega ou de carácter, libremente elixida polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais dos aspirantes, en relación á capacidade rítmica e auditiva. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

d) Valorarase o acondicionamento físico do aspirante na proba de Danza Clásica.

Unha vez superados os catro  apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

          * Danza Clásica 75%

          * Danza Galega  10%

          * Música 10%

          * Acondicionamento Físico 5%


DANZA CLÁSICA

BARRA:
Plies: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés
Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinados con brazos
Battement jetté: en 5ª posición en cruz
Rond de jambe: a terra e portei
Battement fondu: en relevei e con port de bras
Frappé: a terra, ao aire e en relevei
Adagio: developpés en todas as posicións
Grand battement

CENTRO:
Battement tandu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé
Adagio: developpés A 90º, promenades e arabesques ao aire
Valse con medio xiro con pirueta en-dehors e en-dedans dobre
Saltos: en 1ª, 2ª e 5ª
Allegro: glissade, assemblé, sissonne de lado e cara adiante
Batería: echappé batido, entrechat quatre, entrechat trois e royal

PUNTAS:
Quecemento na barra: relevés, echappés, ballonés, retirés
No centro combinación de pasos que conteñan pirueta sinxela en-dehors, temps leei, echappés, retirés e diagonais de piquei en dedans e chaînnes

DANZA GALEGA

Execución dunha danza galega, que conteña polo menos catro puntos e que os retrousos sexan variados ( cruzado ao aire e trinta e tres) ou na súa falta unha danza de carácter
MÚSICA

1.Aptitudes rítmicas:
a)Exercicio de percusión corporal: memorizar e executar un fragmento de 4 compases (binarios e ternarios) utilizando as seguintes figuras musicais: branca, negra, corchea, semicorchea e os silencios de negra e branca.
b)Sobre unha peza determinada, recoñecer pulso, acento e compás (binario e ternario)
c)Lectura dun fragmento rítmico en compás binario no que se inclúan as figuras e silencios sinalados no apartado a.

2.Aptitudes auditivas:
a)Diferenciar cantos sons escoitan á vez (un ou dous).
b)Determinar que instrumento musical interpreta unha peza proposta para audición.
c)Distinguir a altura de dous sons.
d)Comparar dous fragmentos musicais similares, identificando as súas diferenzas.

3.Coñecementos teóricos:
a)Definición de intervalo e acorde.
b)Anacrusa.
c)Estilo Barroco.
d)Puntillo e signos de repetición.

PROBA DE ACCESO A 3º GRAO PROFESIONAL

Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento os ensinos profesionais de danza. Esta proba consistirá en:

a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

b) Unha danza galega ou de carácter, libremente elixida polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais dos aspirantes, en relación á capacidade rítmica e auditiva. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

d) Un exercicio de Danza Contemporánea, marcado polo profesorado.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e necesitarase unha cualificación de 5 puntos para superalo.

e) Valorarase o Acondicionamento Físico do aspirante na proba de Danza Clásica.

Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

          * Danza Clásica  65%

          * Danza de Carácter 10%

          * Música 10%

         * Danza Contemporána 10%

         * Acondicionamento Físico 5%

DANZA CLÁSICA

BARRA:
Plies: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés
Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinados con brazos
Battement jetté: en 5ª posición en cruz
Rond de jambe: a terra e portei
Battement fondu: en relevei e con port de bras
Frappé: a terra, ao aire e en relevei
Adagio: developpés en todas as posicións
Pettit battement
Grand battement

CENTRO:
Battement tandu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé
Adagio: developpés A 90º, promenades e arabesques ao aire
Valse con xiro con pirueta en-dehors e en-dedans dobre
Saltos: en 1ª, 2ª e 5ª
Allegro: glissade, assemblé, sissonne,temp de cuise, pas de chat, jetté coupé e grand jetté
Batería: echappé batido, entrechat quatre, entrechat trois, entrechat cinq e royal

PUNTAS:
Quecemento na barra: relevés, echappés, ballonés, retirés
No centro combinación de pasos que conteñan pirueta dobre en-dehors e en-dedans, temps leei, echappés, retirés, pas marchei, pique arabesque e diagonais de piquei en-dedans, en-dehors, soutenu e chaînnes

DANZA GALEGA

Execución dunha danza galega, que conteña polo menos catro puntos e que os retrousos sexan variados ( cruzado ao aire e trinta e tres) ou unha danza de carácter a elixir polo/a aspirante.

MÚSICA

1. Aptitudes rítmicas:
a) Exercicio de percusión corporal: memorizar e executar dous fragmentos musicais de 4 compases, un de 2 por 4 e outro de 4 por 4, podendo incluír o tresillo e a anacrusa.
b) Sobre unha peza determinada, recoñecer pulso, acento e compás (binario e ternario).
c) Lectura dun fragmento rítmico en compás ternario.


2. Aptitudes auditivas:
a) Determinar cantos sons escoitan á vez (un ou dous). No caso de que escoiten dous, determinar se a distancia de altura entre ambos é grande ou pequena.
b) Determinar os instrumentos que soan nun dúo musical despois da audición do mesmo.
c) Entoar unha sinxela melodía acompañada a piano.

3. Coñecementos teóricos:
a) Síncopa e contratempo.
b) Tresillo
c) Compases binarios e ternarios con subdivisión binaria (2/4, 3/4, 4/4 ).
d) Calidades do son.
e) Definición de Monodia e Polifonía.
f) Estilo Clásico.

DANZA CONTEMPORÁNEA

Pequena frase coreográfica onde se incluirán elementos básicos de técnicas de Danza Contemporánea :

-Posicións en paralelo.

-Rodar polo chan.

-Péndulos co torso, brazos e pernas.

-Caídas e recuperacións.

-Contraccións.

PROBA DE ACCESO A 4º GRAO PROFESIONAL


Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento os ensinos profesionais de danza. Esta proba consistirá en:

a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

b) Unha danza de contemporáneo, libremente elixida polo/a aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais dos/as aspirantes, en relación á capacidade rítmica e auditiva. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

d) Unha variación de repertorio clásico executada en puntas. Cualificarase de 0 a 10 puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

e) Valorarase o Acondicionamento Físico do aspirante na proba de Danza  Clásica.

Unha vez superados todos  os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

          * Danza Clásica 60%

          * Danza Contemporánea 10%

          * Música 10%

         * Repertorio 15%

         * Acondicionamento Físico 5%


DANZA CLÁSICA

BARRA:
Plies: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés
Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinados con brazos
Battement jetté: en 5ª posición en cruz
Rond de jambe: a terra e portei
Battement fondu: en relevei e combinado con fouetté
Frappé: a terra, ao aire e en relevei
Adagio: developpés en todas as posicións
Pettit battement con flic-flac
Grand battement

CENTRO:
Battement tandu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé
Adagio: developpés A 90º, promenades e arabesques ao aire
Valse con xiro completo con pirueta en-dehors e en-dedans dobre, pirueta en arabesque e en attitude en dedans
Piruetas consecutivas desde 5ª posición
Saltos: en 1ª, 2ª e 5ª
Allegro: glissade, assemblé, sissone, temp de cuise, pas de chat, jetté coupé, petit sissonne, petit assemblé, balloné
Grand allegro: grand jetté, con e sen developpé, jetté en tournant, emboites e saute de basque
Batería: echappé batido, entrechat quatre, entrechat trois, entrechat cinq royal, cabriole e brissé

PUNTAS:
Quecemento na barra: relevés, echappés, ballonés, retirés
No centro combinación de pasos que conteñan pirueta dobre en-dehors e en-dedans, temps leei, echappés, retirés, pas marchei, pique arabesque e diagonais de piquei en dedans, en dehor, soutenu e chainnes

DANZA CONTEMPORÁNEA

O/a aspirante repetirá unha frase marcada polo profesor.

MÚSICA

1. Aptitudes rítmicas:
a)Exercicio de percusión corporal: memorizar e executar dous fragmentos de catro compases cada un (4/4 e 6/8 ) incluíndo contratempos e síncopas.
b)Definir a medida dun fragmento musical de 6/8.
c)Lectura dun fragmento rítmico dun ritmo binario de subdivisión ternaria.

2. Aptitudes auditivas:
a)Determinar cantos sons soan simultaneamente ( 2 ou 3 )
b)Determinar mediante escóitaa dunha peza musical o número de instrumentos segundo a súa agrupación musical ( dúo, trío, cuarteto, concerto de orquestra ), en segundo lugar, se é posible, identificar o grupo ou sección instrumental ao cual pertencen.
c)Entoar unha breve frase musical de catro compases con acompañamento de piano.
d)Despois de escoitar tres fragmentos musicais sinalar o estilo ao que pertencen cada un deles: barroco, clásico ou romántico.
e)Recoñecer en que rexistro está executada a melodía: agudo, medio ou grave.

3. Coñecementos teóricos:
a)Compases binarios e ternarios con subdivisión ternaria: 6/8, 12/8. É preferible realizar un exercicio de percusión corporal.
b)Clave de Fa: para que se utiliza. Recoñecer varias notas.
c)Estilo Romántico.
d)Terminoloxía musical básica. Dinámicas.
e)Definición de intervalo e acorde.

REPERTORIO

O/a aspirante pode executar unha variación de solista ou ben un fragmento de corpo de baile, de calquera ballet de repertorio clásico. Vestiario opcional.

PROBA DE ACCESO A 5º GRAO PROFESIONAL

Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento os ensinos profesionais de danza. Esta proba consistirá en:

a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

b) Unha variación de danza contemporánea, libremente elixida polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

c) Unha variación de repertorio clásico, executada en puntas . Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

d) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais dos aspirantes, en relación á capacidade rítmica e auditiva. Cualificarase de 0 a 10 puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de 5 puntos para superala.

e) Pantomima e Interpretación.

f) Valorarase o Acondicionamento Físico do /a aspirante na proba de Danza Clásica

Coreografía marcada polo profesorado, este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de 5 puntos para superarl

Unha vez superados os tres apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

          * Danza Clásica 60%

          * Danza Contemporánea 10%

          * Repertorio  15%

          * Música 5%

          * Pantomima e Interpretación 5%

         *  Acondicionamento Físico 5%

DANZA CLÁSICA

BARRA:
Plies: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés
Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinados con brazos
Battement jetté: en 5ª posición en cruz
Rond de jambe: a terra e portei con rond de jambe jetté
Battement fondu: en relevei e combinado con fouetté
Frappé: a terra, ao aire e en relevei
Adagio: developpés en todas as posicións
Pettit battement con flic -flac
Grand battement


CENTRO:
Battement tandu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé
Adagio: developpés a 90º, promenades , arabesques ao aire e penché arabesque
Valse con xiro completo con pirueta en-dehors e en-dedans dobre.
Piruetas en posicións abertas
Tour fouetté
Saltos: en 1ª, 2ª e 5ª
Allegro: glissade, assemblé, sissonne, temp de cuise, pas de chat, jetté coupé, petit sissonne, petit assemblé, balloné e balloté
Grand allegro: grand jetté, con e sen developpé, jetté en tournant, emboites e saute de basque
Batería: echappé batido, entrechat quatre, entrechat trois, entrechat cinq royal, cabriole e brissé coupe

PUNTAS:
Quecemento na barra: relevés, echappés, ballonés, retirés
No centro combinación de pasos que conteñan pirueta dobre en-dehors e en-dedans, temps leei, echappés, retirés, pas marchei, pique arabesque e diagonais de piquei en-dehors, piquei en-dedans, soutenus, chaînnes e circuítos piques en arabesque e attitud

DANZA CONTEMPORÁNEA
Pequena frase coreográfica dun minuto e medio ou dous de duración, onde se inclúan os seguintes elementos de danza contemporánea: espirais ascendentes e descendentes, caídas e recuperacións, movementos circulares con diferentes partes do corpo, exemplo cabeza, tronco, cadeiras.
Desprazamentos no espazo e péndulos.

REPERTORIO

Unha variación de repertorio clásico a elixir polo/a aspirante entre: a variación do Paxaro Azul do 3º acto de "A bela dormente" ou calquera outra variación de repertorio clásico . Vestiario opcional.

MÚSICA

1. Aptitudes rítmicas:

   a) Exercicio de percusión corporal: memorizar e executar tres fragmentos de catro compases cada un (2/4, 3/4 e 6/8) incluíndo contratempos, síncopas e negra con puntillo-corchea

   b) Recoñecer auditivamente os compases de subdivisión binaria e ternaria.

   c) Crear e interpretar un fragmento rítimico utilizando percusión corporal.

2. Aptitudes auditivas. Música e movemento.

   a) Determinar cantos sons soan simultaneamente ( 2 ou 3)

   b) Determinar mediante escóitaa dun fragmento musical a cantidade de frases que hai.

   c) Escoitar varias veces e logo entoar unha breve frase musical de catro compases con acompañamento de piano.

   d) Escoitar unha gravación e determinar que instrumento está a soar.

   e) Improvisar unha pequena coreografía sobre unha música de libre elección.

3. Concomientos teóricos:

   a) Compases binarios e ternarios con subdivisión binaria e ternaria. Explicar que é a subdivisión.

   b) Claves de Sol e clave de Fa. Recoñecer varias notas.

   c) Pulso e compás

   d) Instrumentos de Orquestra Sinfónica. Grupos de instrumentos.

   e) Alteracións sostido, bemol e becuadro. Para que son e como funcionan.

   f) Definición de intervalo e acorde.

PANTOMIMA  E INTERPRETACIÓN

Breve coreografía ou improvisación onde se narre unha curta historia utilizando xestos, así como accións corporais e faciais.


PROBA DE ACCESO A 6º GRAO PROFESIONAL

Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento os ensinos profesionais de danza. Esta proba consistirá en:

a)Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.
b)Unha variación de danza contemporánea a elixir polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.
c)Unha variación en puntas de repertorio clásico a elixir polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos e necesitarase unha cualificación mínima de cinco puntos para superala.

d) Execución de diversos pasos con parella, valorarase de cero a dez puntos, e necesitarase  un mínimo de 5 puntos para superala.

e) Exame escrito sobre o tema: Esqueleto humano, ósos e músculos. Valorarase de cero a dez puntos, sendo necesario un mínimo de 5 para superar a proba.

f) Exame escrito dos temas : Orixes do ballet e Romanticismo. Valorarase de cero a dez puntos, sendo necesario un mínimo de cinco para superar a proba.

g) Unha coreografía ou variación elixida  polo aspirante. Valorarase de cero a dez puntos, sendo necesario un mínimo de 5 para superar a proba.

h) Valorarase o Acondicionamento Físico do aspirante na proba de Danza Clásica.

Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

          * Danza Clásica 60%

          * Danza Contemporánea 10%

          * Repertorio  12%

          * Paso a Dous 10%

          * Anatomía 2%

          * Historia da Danza 2%

          * Interpretación 2%

          * Acondicionamento Físico 2%

DANZA CLÁSICA
Constará dunha clase completa de ballet, barra e centro, pero executada en puntas, esta clase estará baseada nestes exercicios:

BARRA:
Plies: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés
Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinados con brazos
Battement jetté: en 5ª posición en cruz
Rond de jambe: a terra e portei con rond de jambe jetté
Battement fondu: en relevei e combinado con fouetté
Frappé: a terra, ao aire e en relevei
Adagio: developpés en todas as posicións
Pettit battement con flic-flac
Grand battement


CENTRO:
Battement tandu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé
Adagio: developpés a 90º, promenades , arabesques ao aire e penché arabesque
Valse con xiro completo con pirueta en-dehors e en-dedans dobre.
Piruetas en posicións abertas
Tour fouetté
Saltos: en 1ª, 2ª e 5ª
Allegro: glissade, assemblé, sissonne, temp de cuise, pas de chat, jetté coupé, petit sissonne, petit assemblé, balloné e balloté
Grand allegro: grand jetté, con e sen developpé, jetté en tournant, emboites e saute de basque
Batería: echappé batido, entrechat quatre, entrechat trois, entrechat cinq royal, cabriole e brissé coupe

DANZA CONTEMPORÁNEA

Presentación coreográfica dun minuto e medio ou dous de duración, utilizando o corpo con liberdade e de maneira harmónica, combinando enerxía, tempo e espazo.
Desprazamentos a rentes do chan, saltos e xiros.
Utilización de diferentes motores corporais e puntos de apoio.

REPERTORIO

Variación de " kitri" de " O Quixote" , (variación do abanico) e a de Basilio  para o mozo. Vestiario opcional

PASO A DOUS

Exercicios con parella de equilibrios en distintas posicións, así como piruetas e portés.

ANATOMÍA

Esqueleto Humano.

Ósos: nomenclatura, composición, tipos, etc.

Músculos: nomenclatura, onde nacen e onde se inseren, que moven, etc.

HISTORIA DA DANZA

As orixes do ballet: " o ballet de cour"," ballet d`action", "Noverre". 

Romanticismo: María Taglioni, Fanny Elssler , Carlota Grissi, Jules Perrot. Ballets da época.

INTERPRETACIÓN

Presentación dunha coreografía ou variación que servirá para avaliar o nivel interpretativo do/a  aspirante.

Teranse en contas os seguintes elementos:

-Expresividade adecuada ao tema da coreografía ou variación presentada.

-Organicidad e naturalidade dos movementos.

-Utilización da música en función dos movementos realizados.