Grao elemental

PROBA DE ACCESO A 1º GRAO ELEMENTAL

A proba de acceso avaliará, en relación coa idade do/a solicitante, as súas aptitudes para iniciar os estudos de danza e contemplará, cando menos, os seguintes aspectos:
Exercicios que permitan valorar a amplitude articular e a flexibilidade muscular das extremidades e do tronco.
Exercicios de coordinación corporal que permitan valorar a capacidade psicomotriz dos/as aspirantes.
Exercicios de salto par medir a potencia dos membros inferiores.
Exercicios de improvisación que permitan valorar a creatividade, a musicalidade, a personalidade, a madurez e a capacidade de reacción dos aspirantes.
Exercicio de percusión corporal (individual para o alumnado). Repetir un fragmento de compás binario. Distinguir as notas longas e curtas (por exemplo entre negras e corcheas).
Exercicio para comprobar as aptitudes auditivas:
a)Distinguir a diferenza entre dous sons: un moi grave (do rexistro grave do piano) e outro moi agudo (rexistro agudo). Poñer dous exemplos.
b)A diferenza entre sons fortes e suaves. Dous exemplos.


Esta proba cualificarase globalmente de 1 a 10 puntos, ata un máximo dun decimal, debendo obter o aspirante unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a proba.



PROBA DE ACCESO A 2º GRAO ELEMENTAL

Esta proba constará de 3 apartados, cada un deles correspóndese cunha materia do curso anterior:
Apartado 1- Danza Clásica
Apartado 2- Danza de Carácter
Apartado 3- Música

DANZA CLÁSICA

CHAN: Exercicios de colocación de costas, en-dehors de pés e pernas

BARRA: de fronte
Demi-piés en 1ª e 2ª, e grand plié en 1ª
Battement tendu en cruz en 1ª posición
Battement jetté en cruz en 1ª posición a 4 tempos
Rond de jambe a terra en 1ª posición, en-dehors e en-dedans
Retirei

CENTRO:
Port de bras, 1º e 2º en-dehors e en-dedans
Saltos en 1ª posición

DANZA DE CARÁCTER

Ritmos: 2/4 e 3/4
Paso de polka e marcha

MÚSICA

Aptitudes rítmicas.
a)Exercicio de percusión corporal. Repetir fragmento de compás binario (negras, corcheas e silencio de negra). Dous exercicios.
b)Interpretación dun poema moi curto, ofrecido polo profesor. Marcar coa voz as sílabas acentuadas axudando coas palmadas.

Aptitudes auditivas.
a)Audición dunha peza curta e o seu breve característica: se é rápida ou lenta, alegre ou triste.
b)Identificar un tramo melódico moi sinxelo e curto (dous compases) de compás binario.

Coñecementos teóricos.
a)Pentagrama e clave de sol.
b)Figuras musicais: negra, corchea e os seus silencios.

Na proba valorarase a idade, as aptitudes físicas e musicais, así como tamén os coñecementos e a madurez dos/as aspirantes.
Cada un dos apartados puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación positiva. Unha vez superados os tres apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

a)Danza Clásica 70%
b)Danza de Carácter 15%
c)Música 15%

PROBA DE ACCESO A 3º GRAO ELEMENTAL

Esta proba constará de 3 apartados, cada un deles correspóndese cunha materia do curso anterior:
Apartado 1- Danza Clásica
Apartado 2- Danza de Carácter
Apartado 3- Música

DANZA CLÁSICA

BARRA: de fronte:
Demi-plié e grand plié en 1ª e en 2ª posición, con port de bras de lado e cambré detrás
Battement tendu en cruz en 5ª posición
Battement jetté en cruz en 5º posición
Rond de jambe a terra en-dehors e en-dedans
Battement fondu en cruz a 45º
Battement frappé: en cruz, descomposto en catro ou oito tempos
Rond de jambe ao aire: de fronte á barra, descomposto en 4 tempos, en-dehors e en-dedans
Adagio: colocación do retirei e attitude
Grand battement: de fronte á barra a 4 tempos


CENTRO:
Port de bras: en 5ª posición croisé, coordinados coa cabeza
Temp leei: en 5ª posición en cruz, con port de bras
Saltos: en 1ª e en 2ª
Echappés
Preparación do glissade

DANZA DE CARÁCTER

Ritmos: 2/4 e 3/4, co estilo de danza rusa, con zapato de carácter
Pasos de tarantella con pandeireta


MÚSICA

Aptitudes rítmicas
a)Exercicio de percusión corporal. Repetir un fragmento de compás binario e cuaternario (figuras utilizadas: brancas, negras e corcheas e silencios de branca e negra).
b)Determinar o pulso cunha canción sinxela e buscar entre os pulsos os tempos fortes (compás binario).
c)Lectura dun fragmento rítmico en compás binario.

Aptitudes auditivas
a)Audición dunha peza curta e o seu breve característica.
b)Identificar un tramo melódico sinxelo de catro compases (compás binario ou cuaternario)

Coñecementos teóricos
a)Pentagrama, clave de sol e as sete notas.
b)Figuras musicais: branca, negra, corchea, semicorchea e os seus silencios.
c)Coñecemento do que é forma musical, a nivel sinxelo: A-B-A

Na proba valorarase a idade, as aptitudes físicas e musicais, así como tamén os coñecementos e a madurez dos/as aspirantes.
Cada un dos apartados puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación positiva. Unha vez superados os tres apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

a)Danza Clásica 70%
b)Danza de Carácter 15%
c)Música 15%


PROBA DE ACCESO A 4º GRAO ELEMENTAL

Esta proba constará de 4 apartados, cada un deles correspóndese cunha materia dos cursos anteriores:
Apartado 1- Danza Clásica (3º)
Apartado 2- Danza de Carácter (2º)
Apartado 3- Danza Galega (3º)
Apartado 4- Música (3º)


DANZA CLÁSICA

BARRA:
Plies: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés
Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinados con brazos
Battement jetté: en 5ª posición en cruz
Rond de jambe: a terra e portei
Battement fondu: a pé plano e con port de bras
Frappé: de fronte á barra, a terra e ao aire
Adagio: de fronte á barra
Grand battement

CENTRO:
Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé
Preparación de pirueta en-dehors
Arabesques: a terra e ao aire a 45º
Saltos: en 1ª, 2ª e 5ª
Allegro: pequeno allegro de glissade e assemblé

DANZA DE CARÁCTER

Ritmos: 2/4 e 3/4, co estilo de danza rusa, con zapato de carácter
Pasos de tarantella con pandeireta

DANZA GALEGA

Execución dunha muiñeira que teña polo menos tres puntos.

MÚSICA

Aptitudes rítmicas
a)Exercicio de percusión corporal. Memorizar e executar un fragmento de catro compases (compás binario e ternario; figuras utilizadas: brancas, negras, corcheas e semicorcheas).
b)Determinar o pulso dunha canción e buscar os tempos fortes (dous fragmentos de compás binario e ternario).
c)Lectura de dous fragmentos rítmicos (en compás binario e ternario).

Aptitudes auditivas.
a)Despois da audición de tres fragmentos musicais atopar unha co compás determinado.
b)Determinar que instrumento musical interpreta a peza musical ofrecida para escoitar.
c)Identificar un tramo melódico de oito compases.
Coñecementos teóricos.
a)Tipos de voz de canto.
b)Os instrumentos da orquestra sinfónica de corda e vento.
c)A partitura rítmica e a súa utilización.
Na proba valorarase a idade, as aptitudes físicas e musicais, así como tamén os coñecementos e a madurez dos/as aspirantes.
Cada un dos apartados puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación positiva. Unha vez superados os catro apartados, procederase ao cálculo da media ponderada que se axustará ás seguintes porcentaxes:

a)Danza Clásica 70%
b)Danza de Carácter 10%
c)Danza Galega 10%
d)Música 10%